HOMENAXE A RIBEIRA. Fotografías de Luís Polo.
/0 Comentarios/en Noticias /por desarrolloGYOTAKU GRAVADO
A selección das estampas nos tres obradoiros móstranse nesta exposición no noso Museo do Gravado, na que incorporamos ademais esta serie de fotografías do artista-fotógrafo Luís Polo, que tamén acompañan o catálogo, e que nos amosan diferentes aspectos relacionados coa pesca en Ribeira ata que o peixe chega á lonxa para a súa venda. Todo un proceso que vai dende a preparación das redes á pesca, o seu traslado, a súa selección e a súa venda en lonxa. A Ribeira máis viva, a que a diario se enfronta ao mar, fonte de vida e riqueza, mais tamén de perigo. Todo un proceso que converte esta cidade nun lugar privilexiado para comprendela, para entender a súa riqueza, o seu vencello co mundo do mar, o interiorizado que está nas súas xentes, o mar como destino. En definitiva, móstranos nas súas fotografías a orixe de todo o que deu sentido ao proxecto destes obradoiros.
Currículum Luís Polo: