Exposición: JULIO ZACHRISSON. Entre dos mundos. 1950-2021
Museo del Grabado de Santa Marta de Tormes, Salamanca. Do 18 de decembro de 2024 ao 20 de abril de 2025.
Museo del Grabado de Santa Marta de Tormes, Salamanca. Do 18 de decembro de 2024 ao 20 de abril de 2025.
Casa da Cultura de Cangas. Inauguración 19 de decembro de 2024 ás 19:00h.
A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital invita ao acto de inauguración da mostra de gravados de Xan Leira, titulada 807/36 memorias gravadas, que se desenvolverá o xoves 19 de decembro ás 19.00 h, na sala Ángel Botello da Casa da Cultura de Cangas.
O título da mostra evoca o número da causa por rebelión instruída contra os avós maternos do artista, pola súa resistencia ao levantamento franquista de 1936. Estes gravados poden ser entendidos como unha recreación contemporánea dos vellos, descoloridos e maltratados documentos que, por milleiros e arquivados en vetustos arquivos, foron instruídos polo franquismo contra o conxunto da cidadanía. O emprego de diferentes técnicas de estampación e recursos gráficos, sobre papeis tratados dun xeito moi persoal, converten esta mostra nunha escenificación contundente desta etapa histórica.
Xan Leira, o produtor e director de cinema, achéganos noutro formato estético e expresivo outra faciana creativa xurdida cando aprendeu xunta o seu pai os segredos das artes gráficas na imprenta familiar.
Os 42 gravados que reúne esta mostra están dispostos en 28 pezas de aproximadamente 45×90 cm, un mural conformado por 8 pezas dunha dimensión aproximada de 240 x 600, e unha instalación de 6 obras de 240 x400 cm.
O catálogo é un xornal de 48 páxinas que mantén as coordenadas estéticas da mostra e reúne as colaboracións de Luís Antonio Pérez Barral, presidente da Fundación e alcalde de Ribeira; Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz e artista plástico; Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo do Gravado; Leonardo Rial, director do Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea; Néstor Goyanes, gravador arxentino; Carlos L. Bernárdez, ensaísta e crítico de arte, e Xan Leira.
A TRES. Libro de artista: Pepe Cáccamo, Baldo Ramos, Antonio Piñeiro.
Máis información: