ACTO DE RECEPCIÓN ACADÉMICO DE HONRA
O Presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado e Alcalde de Ribeira Luís Antonio Pérez Barral e o Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Manuel Quintana Martelo, comprácense en convidar a vostede á sesión extraordinaria pública para a recepción do académico de honra electo:
Excmo. Sr. D. Francisco Javier Expósito Paradela, que lerá o seu discurso titulado «UN MUSEO NO MUNDO RURAL. Museo do Gravado de Artes».
Contestará en nome da Corporación o académico de número Ilmo. Sr. D. Felipe Senén López.
O acto terá lugar o sábado, 1 de febreiro, ás 12.00 horas no Auditorio Municipal de Ribeira, Avda. Constitución, n° 2, 15960 Ribeira (A Coruña).
