Coñece a túa Arte
Coñece a túa Arte
O coñecemento do contorno próximo é unha parte fundamental no desenvolvemento intelectual do alumnado. Neste marco a visita á Fundación Museo do Gravado da Estampa á Arte Dixital da parroquia de Artes, cuns magníficos fondos pictóricos nos que hai obra gráfica de autores tan importantes coma Rubens, Goya, Dalí, Laxeiro… é de obrigado cumprimento.
Visitas guiadas ao Museo do Gravado de Artes
Exposicións: “IX Premio Atlante de Gravado” e “BarbantiaRte VI”
Datas: do 7 de setembro ao 30 de outubro de 2018
Hora: 11.00 (o remate da visita será ás 12.30 h)
Lugar: Museo da Fundación do Gravado de Artes
Dirixido a: ESO, bacharelato e formación profesional (máximo 50 por grupo)
Para acudir co seu alumnado é preciso que envíe un correo electrónico a fundartes@gmail.com no que indique:
Data seleccionada:
Centro de ensino:
Nº de participantes e curso (máximo 50 persoas por grupo):
Persoa de contacto:
Teléfono:
Exposicións temporais que visitaremos:
IX Premio Atlante de Gravado
Comisariada por Pastor Rodríguez, director do museo, nesta exposición están presentes os gravados gañadores do IX Premio Internacional Atlante. O alumnado visitante coñecerá a excelencia das obras expostas, e unha explicación detallada das diferentes técnicas do gravado.
– Duración da visita: 45 minutos.
BarbantiaRte VI
A Asociación Cultural Barbantia, en colaboración co propio Museo, presenta a obra de 70 artistas da comarca do Barbanza. A sexta edición desta mostra, coordinada por Xoán Pastor Rodríguez, dá a coñecer o talento da nosa veciñanza. Obras de autores de recoñecido nivel nacional e internacional e novos valores están presentes nesta colectiva na que se ten cabida a pintura, escultura, instalacións, gravado, fotografía…
– Duración da visita: 45 minutos
As visitas guiadas serán realizadas polo director do Museo do Gravado.
Ribeira, 07/09/2018
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!