Fins e desenvolvemento da Fundación

A Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica desde as súas orixes aos nosos días.

Neste sentido, é do seu interese:

  • Promover o coleccionismo de estampas en e a través da propia Fundación. Ademais do coidado da propia colección situada no seu gabinete de estampas, custodiar o devandito patrimonio gráfico, conservalo e difundilo, o museo amplía os seus fondos anualmente. Por iso a colección está aberta a novas adquisicións, atendida baixo condicións específicas de mantemento, estudada e catalogada así como debidamente informatizada para uso de quen precise dos seus fondos. A edición de catálogos, libros e exposicións así como os estudos individualizados de cada estampa son fiel argumento do seu carácter universal e público.
  • Xerar actividades centradas no ámbito da Historia da arte entendendo que a estampa é un elemento con valor artístico en si mesmo pero tamén difusor de argumentos estéticos e iconográficos no discurso histórico.

Do Consello Reitor

O Consello Reitor da Fundación está formado por:

  • D. Manuel Ruíz Rivas. Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Riveira. Presidente da Fundación
  • Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
  • Director Xral. de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia
  • Directora da Axencia de Turismo de Galicia
  • Excmo. Presidente da Deputación Provincial da Coruña
  • Alcalde Presidente do Excmo. Concello da Pobra do Caramiñal
  • Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Boiro
  • Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Porto do Son
  • D. Juan Carrete Parrondo, Director do Centro Cultural Conde-Duque
  • D. José Manuel Matilla, Conservador de Estampas do Museo del Prado
  • D. Javier de Blas, Director da Calcografía Nacional
  • D. José Manuel García Iglesias, Catedrático de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela
  • D. José Manuel López Vázquez, Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela
  • D. Juan Monterroso Montero, Decano de Xeografía e Historia  da Universidade de Santiago de Compostela
  • D. Alfonso Costa, pintor e gravador
  • D. José Silveira, Presidente de Remolcanosa
  • D. Ramiro Carregal, Presidente de FRINSA
  • D. Javier Expósito Paradela, Vicepresidente da Fundación
  • Secretaria da Fundación

Faite amigo do Museo

Amigos do Museo

Amigo individual: ……………………………………………… 20 € / ano
Amigo familiar: …………………………………………………. 35 € / ano (dous adultos + fillos menores de 18 anos)
Socios Institucionales (PYMES): …………………………… 500 € / ano
Socios Institucionales (Organismos /Entidades): ……. 650 € / ano

Beneficios:

  • Visitas gratuitas cantas veces estime
  • Invitación a todos os actos organizados pola Fundación
  • Regalo anual de unha publicación do museo, elexido poa Fundación
  • Visita Anual Vip
  • Descontos especiais en actividades desenrroladas pola Fundación
  • Nenos entrada gratuíta as actividades educativas
  • Socios Institucionais: logotipo asociado a imaxe do museo

¡Envíanos os teus datos!

Entidades colaboradoras