A Fundación Rural Artes ten como sede o Museo do Gravado que se atopa na localidade de Artes, municipio galego de Ribeira, na provincia da Coruña. Rodeado dunha espectacular paisaxe natural, a Fundación situou un dos proxectos máis novos para diletantes, estudosos e afeccionados ao mundo das artes, máis concretamente da Arte Gráfica, creando un espazo único na zona que combina a arte gráfica antiga e contemporánea.
A estruturación do Museo céntrase en dous aspectos principais: Gabinete de Estampas (debidamente ordenadas por Escolas ademais dos seus estudos particulares) e tres Salas de Exposicións abertas ao público, dispoñendo tamén de espazo para Biblioteca e Sala de Conferencias.
A Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfico desde as súas orixes aos nosos días. Por iso acolle cantas técnicas artísticas operaron desde o século XV ata o momento actual, xustificando a súa denominación: do gravado á estampa dixital.
Mediante Ordes da Xunta de Galicia do 18 de xullo e 30 de xullo de 2001, publicadas no Diario Oficial de Galicia o 29 de xullo e o 3 de setembro do 2001, clasifícase á Institución como de Interese Cultural e de Interese Galego respectivamente, sendo rexistrada co nº 2001/19.
Préstamo de obra
A Fundación Museo de Artes ten unha extensa colección de obras que van desde o século XV ata a época actual. Estas obras ofrécense gratuitamente en itinerancia en forma de préstamo ás entidades interesadas. Entre as coleccións que se atopan en préstamo están:
– Os Soños Caprichosos de Pantagruel en Imaxes de Salvador Dalí
– Estudos e Imaxes na xénese do Guernica. Picasso, a violencia como asasina da creatividade artística.
– A Divina Comedia de Dante. O Inferno en imaxes de Salvador Dalí
– As Fábulas de la Fontaine de Salvador Dalí
– Temas de Marc Chagall
– Emocións de Oswaldo Guayasamín Calero
– A Tauromaquia de Goya, visión crítica dunha festa
– Manuel Ayaso
– A Iconografía de Van Dyck
Para obter información adicional destas e outras coleccións, pode chamar á fundación ou poñerse en contacto a través do correo electrónico: fundartes@gmail.com
Sistema de Bolseiros
O acordo está subscrito coa Universidade de Santiago de Compostela e ten como fin o colaborar na formación práctica dos alumnos de últimos cursos da devandita Universidade.