Alfonso Costa
Textos: Eva Veiga
Ano: 2004
79 páxinas
DL: C-1510-2004
Idioma: castelán
Desde Durero a Picasso, moitos foron e son os creadores plásticos que se deixaron arrebatar polas artes do ferro e do tórculo, do punzón e o ácido, ofrecéndonos proba solidaria, visible e tal e táctil, do seu xenio. Un destes artistas é, sen dúbida, Alfonso Costa.
Nacido en Noia trasládase de moi novo a Barcelona onde desenvolverá unha fecunda traxectoria artística avalada polos innumerables premios e na que os críticos recoñeceron unha inusitada creatividade, cualificando a súa obra de orixinal, brillante, comprometida e sempre sorprendente.