Cálidos Acopios, Manolo Dimas
Textos: X. Antón Castro Fernández e Anunciada Fernández de Córdova
Ano: 2008
49 páxinas
Idioma: castelán e italiano
ISBN: 978-84-932-1388-6
A obra de Manolo Dimas (Caracas, 1959) desde o comezo da súa carreira a finais dos anos oitenta, mantivo unhas coordenadas que se poderían rastrexar por riba dos seus cambios e evolucións. A maxia cotiá “fauve” apareceu desde os primeiros debuxos que presentou na Galería Grupo 15 e está sempre presente nos seus traballos.
Existe un fío condutor de certo “naturalismo” que mediante unha chiscadela convértese en cen cousas diferentes. Actualmente vive en Galicia onde é profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
A súa obra está representada en diversos museos como Centro de Arte Reina Sofía, Museo de la Villa de Madrid, Colección La Caixa –Colecció Testimoni–, Consello Nacional de Deportes, Instituto de Cooperación Iberoamericana, Fundación Rudolf Steiner, Colección Milles Davis, Colección Agencia A, Museo do gravado de Artes, Embaixada Española en Eslovenia, etc., e en coleccións particulares de Europa, Xapón e Estados Unidos. Neste catálogo recóllese parte da súa obra exposta no Instituto Cervantes de Milán do 4 ao 25 de setembro de 2008.