Debuxos e gravados de Antonio Pérez
Textos: Encarga Pego, Manuel Ruíz e Xerardo Crusat
Ano: 2015
82 páxinas
DL: C-1257-2015
Idioma: galego
Antonio Pérez nace en Ribeira en 1952, fronte ao mar da Ameixida, que o agarda para pescar na dorna con seu pai desde os 16 anos. Xa de cativo na escola amosa a súa facilidade e o seu gusto polo debuxo e a pintura. Logo virían os anos da dorna, en contacto con todos os oficios da ría, vetas, tramallos, palangre… que foron gravando a película da súa vida, onde garda todas as formas.
Na Mariña empezou a súa carreira autodidacta, que seguiu mentres estudaba náutica en Vigo, na procura dunha sólida formación en Historia da Arte, técnicas e estilos… que co tempo podería plasmar nos seus lenzos.
Sabendo que a pintura era a súa gran paixón arriscouse a dar o paso, cambiou o temón polos pinceis e estableceu o seu obradoiro en Riveira en 1986.