Entredós
Artistas: Manuel Ayaso e Alfonso Costa
Ano: 2008
52 páxinas
ISBN: 978-84-932138-7-9
Idioma: castelán e galego
É bastante habitual ver colaboracións entre artistas de diversas disciplinas. Literatura e música, literatura e pintura, tamén a música se inspira en ocasións na pintura. Por non falar das relacións da literatura ou a música co cinema. Pero o que non adoitamos atopar no panorama artístico, é que dous pintores, de longa e recoñecida traxectoria, esquezan os seus egos e elaboren un proxecto cuxo resultado sexa obra dos dous, non de ningún en particular.
Manuel Ayaso e Alfonso Costa decidiron dar este paso, creando obras en conxunto no que cada un deles por separado, foi pintando e debuxando o que lle pareceu, para despois intercambiar os papeis e terminar a obra un do outro. É dicir, inspirándose mutuamente e deixando atrás protagonismos persoais, para dar cabida á arte e ao xogo que esta en moitas ocasións propón de diferentes maneiras aos artistas.