Esculturas 2001-2013. Gonzalo Sarasquete
Textos: Ignacio Munilla, Xavier Queipo, Quico Cadaval e Gonzalo Sarasquete
Ano: 2013
76 páxinas
DL: 1461-2013
Idioma: galego
Nace en 1961 en Santa Uxía de Ribeira, A Coruña, licenciado en Belas artes na universidade de Salamanca en 1988. Influído polo movemento Atlántica dos oitenta, co que comparte os seus inicios expresivos. Aínda que dá os seus primeiros pasos con materiais coma o granito ou a madeira, moi pronto a procura lévao a materiais coma o sulfato de cobre, o asfalto, o caucho e a fibra de vidro. Isto condúceo ao descubrimento da lousa, converténdose no seu material expresivo de referencia.