Goya y Dalí
Comisarios: José Manuel B. López Vázquez e Juan Manuel Monterroso Montero
Ano: 2004
330 páxinas
ISBN: 84-932138-7-X
Idioma: castelán
As imaxes, ou mesmo que calquera relato –xa sexa escrito ou oral– é un modo de transmitir información. Esas mesmas imaxes despois da súa creación, labor construtivo no que o artista inviste o seu tempo, adquiren significados que, aínda que en aparencia parecen fixos, en realidade tenden á variación constante e permanente. Cada lectura, cada acto de descifrar ou traducir a palabras esas imaxes supón unha nova interpretación que pasa dunha existencia no espazo a unha vida no tempo. Un feito evidente posto que o vemos nunha imaxe –nun cadro, nunha escultura, nun gravado– é, en realidade, a súa tradución a través da nosa experiencia. É máis, nese acto agregámoslle a nosa propia temporalidade narrativa conferíndolle unha vida inesgotable e infinita ao prolongarse nas xeracións vindeiras.
Tanto os Caprichos de Goya como os de Dalí son un bo exemplo desas imaxes que esixen unha lectura. Cada un dos elementos que as compoñen actúa como un vocábulo que o espectador debe descifrar, máis aló da súa entidade cotiá e doméstica, para poder alcanzar unha comprensión total.
Na historia da arte non se pode vivir permanentemente nunha inconclusa torre de Babel, de aí a necesidade de presentar novas lecturas sobre vellas imaxes.
En la historia del arte no se puede vivir permanentemente en una inconclusa torre de Babel, de ahí la necesidad de presentar nuevas lecturas sobre viejas imágenes.