Estudios e Imágenes en la génesis del Guernica. Picasso, una lección iconográfica: La violencia como asesina de la creatividad artística
Autor: Jesús María González de Zárate
Ano: 2001
53 páxinas
ISBN: 84-932138-1-0
Idioma: castelán
A obra artística titulada Guernica, foi produto do encargo que o Goberno Republicano fixo ao artista Pablo Picasso para o Pavillón español da Feira Mundial celebrada en París no ano 1937. A súa elaboración, en ningún momento foi abandonada á improvisación xa que dispoñemos de 45 bosquexos que nos van a mostrar ata que punto Picasso ía madurando un resultado final de gran valor para a Historia da arte.
Os 45 estudos preparatorios para lenzo constan de 42 sobre papel, un sobre lenzo e dous sobre madeira. Son os estudos elaborados en papel os que se consideran nesta análise. Estes bosquexos a lapis iniciáronse o 1 de maio de 1937 e culminan o 4 de xullo do mesmo ano, mes en que foi colgado o lenzo no Pavillón español. No catálogo que presentamos recollemos tales deseños elaborados polo artista e reproducidos en facsímile por Akademische Druck U.- Verlagsanstalt. Grazz, editados por Casariego en 1990.