Pablo Picasso, Genio e inspiración. Vuelo Vitoria-Gernika 264/37 LC
Autor: Jesús María González de Zárate
Ano: 2013
93 páxinas
ISBN: 978-84-940371-3-9
Idioma: castelán
Luns 26 do 4 no ano 37, Lexión Cóndor, aéreo Vitoria-Gernika, voo curto de longas, por tráxicas, consecuencias. O paxaro de ferro rompeu o aire con clara intención, con destino preciso. O seu interior, aínda que baleiro de espírito, estaba repleto de conquista.
As 18 horas nunha tarde primaveral iluminaban o espazo, pero foron as mesmas 18 horas cando, no inexplicable, o aire mesturábase co po e en 60 minutos, a vila era toda unha atrocidade ata para que o amable Ogi, o can da panadeira quen, na súa sen razón, non atopaba resposta a tanta tolemia.
Todo un teatro apocalíptico que non atopa lugar en quen sente humanos, toda unha realidade tráxica tan só xustificada por quen, en función do poder, responden ás palabras que o xesuíta, discípulo de San Ignacio, Ribadeneira, nos ofrece: aqueles fillos do diaño.
A arte, ese trasgo que por figuras explica a vida, deixouno ben escrito en imaxe. Un malagueño, Pablo Picasso, cóntanolo e así, traducindo detalles que conforman un todo visual, podemos entender ata que punto a Liberdade supón un infinito perigo que atormenta sempre a quen impón, nunca a quen conduce.