Pegadas sobre papel. O gravado galego no Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes
© Miriam Elena Cortés López
© Introdución:
Juan Monterroso Montero
Edición non venal subvencionada pola Excma. Deputación d’A Coruña
Edición e deseño:
Fundación Museo de Artes
do Gravado á Estampa Dixital
Lugar do Outeiro, s/n – Artes
Ribeira – 15969 – A Coruña
Imprime:
Gráficas Garabal
Dep. Legal:
C1513-2018
ISBN:
978-84-09-04737-6
OS TESOUROS GALEGOS NO MUSEO DO GRAVADO DE ARTES
O Museo do Gravado de Artes atesoura un patrimonio de gran riqueza xa que conserva un fondo que supera as corenta mil estampas e que segue a medrar, pero que só parcialmente ten catalogadas, de xeito científico no ano 2001. As coleccións están clasificadas por escolas, que atenden á edición e ao gravador, coleccións que abranguen dende finais do século XV ata a actualidade. Asín, no museo, están presenten as escolas española, alemana, francesa, italiana, holandesa e inglesa, sen esquecer a presenza de varios artistas hispanoamericanos; con nomes tan imporantes como Picasso e Flaxman, Dalí e Goya, Callot e Rubens, Piranesi e Van Dyck, por só citar algúns artistas. E entre e stas escolas está tamén a galega, con nomes contemporáneos que van de Castelao a Alfonso Costa, pasando por Luís Seoane e Leopoldo Nóvoa, Jorge Castillo e Manuel Facal, Manuel Dimas e Eugenio F. Granell, Manuel Ayaso e Virxilio… Artistas que dan fe do valor artístico do gravado galego, que o museo de Artes procura poñer en valor ao amosar todos os anos a obra dun autor galego para que se visualice a importancia do noso gravado nas coleccións do museo. Pero hai máis: dende 2009 a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital convoca o Premio Atlante, con proxección internacional, que inclúe o Premio Galicia para promocionar o gravado galego.
A continua incorporación de gravados galegos facía imprescindible a catalogación científica destas obras e a publicación dese traballo para que se poida coñecer a obra dos artistas galegos e desfrutar artisticaente deste tesouro que custodiamos. O museo do gravado de Artes contribúe así á posta en valor da arte galega, ao seu coñecemento e á súa divulgación como fonte de enriquecemento e pracer estético.
Xoán Pastor Rodríguez Santamaría
Director
Museo do Gravado