Verso y pintura. La Divina Comedia. El Infierno. Dante en imágenes de Salvador Dalí
Autor: Jesús María González de Zárate
Ano: 2001
185 páxinas
ISBN: 84-932138-5-3 Tomo I
Idioma: castelán
A Divina Comedia é a obra máis coñecida do escritor florentino Dante Alighieri e unha das creacións máis importantes da literatura universal. A súa composición iniciouse no 1307, aínda que non se concluíu ata 1326. O argumento principal deste poema é o proceso de perfección necesario para alcanzar o esplendor humano. Por iso, o seu autor a estruturou en tres partes –Inferno, Purgatorio e Paraíso– con trinta e tres cantos cada unha, máis un introdutorio. Ao longo deles, Dante realiza unha viaxe en compañía do poeta Virxilio –símbolo da razón– ao inferno e parte do Purgatorio; de Beatriz –alegoría da fe– ata o Empíreo, á Rosa Celeste, e de San Bernardo que, substituíndo a Beatriz na Rosa Celeste, móstralle a Dante a gloria de Deus. A obra espertou o interese de numerosos artistas e foi ilustrada por destacados pintores, como Botticelli, Miguel Anxo, Gustavo Doré e Dalí, autor ao que pertencen os gravados seleccionados –O Inferno.