XIV PREMIO ATLANTE DE GRAVADO DO MUSEO DE ARTES DO GRAVADO Á ESTAMPA DIXITAL | BASES 2022
BASES
XIV PREMIO DE GRAVADO ATLANTE
Edición 2022
1. Poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas gráficas, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista.
2. Admitiranse como máximo dúas obras por autor. O tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm. O artista poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para estampar os orixinais.
3. Os gravados serán inéditos e sen ser editados nin numerados. Os premios outorgados traen consigo a edición das obras premiadas en 25 exemplares e a súa entrega á Fundación Museo de Artes.
4. Establécense: Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €, 3 premios dotados con 2.500 € cada un e 1 un premio especial Pedras de Santiago, de 2.000 €, para un artista nacido ou residente en Galicia. Estes premios estarán suxeitos ás retencións marcadas pola lei.
5. Xunto coa obra achegarase a seguinte documentación: Datos do autor: Nome e apelidos / Técnica utilizada / Medida da prancha / Breve currículo artístico / Fotocopia do DNI ou pasaporte / Enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
6. Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos, á Fundación Museo das Artes do Gravado. Lugar de Outeiro., nº 52, Artes, Ribeira, 15969 (A Coruña) España, indicando no sobre “NO COMMERCIAL VALUE”, do 1 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.
7. A Fundación Museo de Artes, comprométese a editar unha carpeta cos 5 gravados premiados. Os gañadores, responsabilízanse de estampar, numerar e asinar os 25 exemplares, máis as 2 probas de artista; deberán entregar a/as matriz/ces xunto coas 25 estampas á Fundación Museo de Artes. Os 5 artistas galardoados recibirán da Fundación unha carpeta completa cos cinco gravados premiados.
8. Os traballos seleccionados exporanse nunha das Salas do Museo de Artes.
9. O xurado estará formado por 7 personalidades do mundo da Arte, e a súa decisión será inapelable. O veredicto emitirase no prazo máximo de dous meses desde a finalización do prazo de entrega das obras.
10. A Fundación velará pola boa conservación dos traballos recibidos, pero non se responsabiliza polos danos causados durante o envío e devolución das obras. Os gastos de envío e retorno correrán por conta do artista. Se os envíos son desde España poderanse achegar os selos para a súa devolución.
11. As obras sen retirar, nin reclamar no prazo de 2 meses transcorridos desde a entrega de premios, pasarán a engrosar a colección de Arte Gráfica da Fundación.
12. As obras seleccionadas poderanse vender no transcurso da exposición, se previamente así o indicou o autor, que percibirá o importe integro da venda. Poñerase en contacto o artista co comprador.
13. Protección de Datos. Consonte á L.O.P.D. informamos de que os seus datos persoais, indicados no punto 5, serán rexistrados nos ficheiros, automatizados ou non, de Fundartes coa finalidade de xestionar a súa participación no concurso. Informámoslle de que estes poderán ser publicados en medios de comunicación escrito e/ou dixital coa finalidade de dar a coñecer os premiados e divulgar a actividade do museo. Informámolo/la de que poderá recibir información sobre a nosa actividade, eventos, etc. a través de medios electrónicos. Vde. poderá exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación, oposición mediante un escrito achegando unha copia do DNI á Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, en Artes; Lugar de Outeiro, 52, 15969, Ribeira (A Coruña). En caso de que se producise algunha modificación dos seus datos, pregamos nolo comunique coa finalidade de mantelos actualizados.
14. Polo feito de participar neste concurso o/a artista acepta as bases e renuncia a calquera tipo de reclamación.
Xurado:
Manuel Ayaso, pintor e gravador.
José Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia.
Alfonso Costa, pintor e gravador.
Carmen Hermo, doutora en Belas Artes e gravadora.
Juan Monterroso Montero, Decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
Jose Manuel López Vázquez, Catedrático da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
Isabel Pintado, pintora, gravadora e docente.
Para máis información:
Tlf: (034) 981 871 342
Mail: fundartes@gmail.com