Manuel Ayaso
Textos: Eme Cartea e Alfonso Costa
Ano: 2016
88 Páxinas
D. Legal: C1751-2016
Idiomas: galego e castelán
Liberdade de expresión artística, ter conciencia de que todo o que nos rodea está a esperar a ser transformado en algo útil, necesario, para dar vida a un proxecto e convertelo nun suxestivo soño que se realiza.
Manuel Ayaso en estado puro: observador, inquieto, exquisito, erudito, cosmopolita, indomable, cómplice, fabulador, acólito, funambulista, asombroso, xeneroso, artífice dun mundo fantástico.
A súa mente e os seus ollos otean cada mañá o horizonte na constante procura do sobrenatural para así alimentar a súa conciencia ávida de novas visóns que manteñan en tensión o seu espírito creativo.
Filosofo da liña, mestre da cor, sabio do trazo, fervoroso alquimista transmutando coa súa punta de prata o metal en pura Arte. Manchas de pigmento danzando sobre a superficie do papel enyesado, rostros desencaixados que buscan o seu lugar no espazo en branco, e todos eles constantemente vixiados polo creador, case sempre apostado nun recuncho, camuflado entre a maraña de liñas e texturas; e aínda disfrazado de peixe ou de bispo está el, un ser que controla cada xesto, cada latexado dos seus personaxes.
(…).
Alfonso Costa