Tauromaquia. Francisco de Goya, visión crítica de una fiesta
Comisaria: Illa Aguilar
Asesor científico: José Manuel Matilla e José Miguel Medrano
Ano: 2003
75 páxinas
ISBN: 84-607-7027-3
Idioma: castelán

Paradigma do artista cheo inquietudes, Goya experimentou e practicou diversas técnicas, demostrando en todas elas o seu enorme talento. Pero talvez, sexa na súa obra gráfica onde se revela na súa forma máis directa, manifestando as súas ideas máis íntimas. As súas series de estampas conforman un universo persoal no que ten cabida todo aquilo que lle interesou, desde as vivencias íntimas e cotiás ata os grandes sucesos e temas do seu tempo. Con estas formulacións Goya expresou, coa intensidade que lle caracteriza, o debate que sobre a lexitimidade da tauromaquia existía no seo da sociedade ilustrada. Ao longo das 40 imaxes que conforman a serie completa (incluíndo as escenas que descartou para a primeira edición), o artista reflexiona sobre un tema de candente actualidade daquela e que, aínda hoxe, logra manter a discusión aberta en canto á súa interpretación. Neste catálogo móstrase un interesante, profundando na contextualización da tauromaquia en época de Goya e o seu devir histórico.