Antoon van Dyck, La Iconografía. Estampas de la Fundación Artes
Comisario: José Juan Pérez Prezado
Asesor científico: José Manuel Matilla
Ano: 2004
141 páxinas
ISBN: 84-932138-9-6
Idioma: castelán
O presente catálogo nace froito da exposición (6 de febreiro de 2004 ao 6 de febreiro de 2005) do mesmo nome, dedicada ao xenial retratista e gravador Antoon van Dyck.
Nacido en 1599, o seu primeiro retrato coñecido data de 1613, cando apenas contaba catorce anos. Trátase dun magnífico autorretrato, de toque solto e execución lisa e puída, conservado actualmente na academia de Viena.
A serie da Iconografía é intrinsecamente unha colección das personalidades máis relevantes do momento, tanto no campo político, como no militar, o intelectual ou o artístico. Polo que debe ser considerada como un conxunto de retratos de homes e mulleres ilustres polas súas actividades vitais.
As estampas reproducen retratos realizados anteriormente polo pintor. En moitos casos van Dyck realizaba bosquexos a partir dos seus propios lenzos, que pasaba aos gravadores. Noutros casos non se coñecen os lenzos, quedando unicamente os debuxos ou modelos preparatorios, ás veces pequenos óleos monocromos.